O comercio local é o único capaz de recompilar toda a túa información, co obxectivo de coñecer os teus gustos e axudarte a atopar o que buscas.

Sabemos o que che gusta,
tenemos o que buscas

Comercio Onlife

Esta campaña fai visible o pequeno comercio, para promover a maneira máis humana de comprar. Estes comerciantes son únicos e contan coa experiencia de anos para dar consellos e recomendacións aos seus clientes. Establécese así unha pequena historia entre os vendedores e os consumidores, creando unha vida arredor dos pequenos comercios.

Que nos diferencia?

Sustentabilidade

Os teus comercios máis próximos teñen un formato que xera menor impacto no medio ambiente

Proximidade

Coñecémoste, e o noso obxectivo é axudarte a atopar aquilo que buscas

Calidade

Ofrecemos produtos excepcionais e de calidade superior

Experiencia

Atoparás unha experiencia de compra personalizada, adaptada ás túas necesidades

Mensaxe

Enxalzamos o trato persoal e próximo dos comerciantes locais fronte ao dos asistentes virtuais de voz, coma Alexa, ou como as grandes superficies, que ofrecen un trato menos humano e para as que só somos números. Substituímos o termo Online polo de Onlife, facendo referencia á vida que, como dixemos anteriormente, se xera ao redor do pequeno comercio. Miles de comercios ao alcance da túa man, para ofrecerte o que necesitas co mellor dos seus sorrisos na cara. Un trato máis humano e próximo e o servizo máis profesional que poidas atopar.

Participa

Como comerciante puedes unirte a la iniciativa descargando los materiales como posters y pegatinas para ponerlos en tu local y hacer ver a tus lientes que eres parte del comercio Onlife

Un selo para concienciar

Para reforzar esta campaña, lanzamos un selo medioambiental de compromiso sostible, co fin de identificar aqueles comercios que cumpren coa responsabilidade sostible polo planeta. Deste xeito, concienciamos aos consumidores porque as súas decisións de compra poden premiar accións respectuosas co medio ambiente